Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

Comentario sobre unha web

Imagen
Boas! Para facer este traballo tiven que escoller unha web que me parecera interesante, estudar esta un pouco en profundidade e contestar a unhas  cuestións. Eu escollín Twitter porque é una das redes sociais de balde  máis populares. Esta permite publicar ó usuario actualizacións persoais, así como ler as doutros usuarios. Estas publicacións non poden superar un máximo de 140 caracteres. Esta é a páxina inicial que na esquina superior dereita  permítenos iniciar sesión ou rexistrarse mediante un botón para cada acción. As cores que se empregan maioritariamente son o laranxa para o encabezado e o apartado "Novo en twitter", o branco para o fondo restante e a barra de opcións para mostrar os diferentes tipos de chíos. O branco tamén se usa nos títulos importantes e no logo que está no encabezado. Para a letra dos chíos publicados úsase a cor negra e tamén para as opcións dos chíos. Referente á tipografía úsase a letra Helvetica ,  que persoalmente eu escollería out