Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

Continuación do proxecto

Imagen
No trimestre que levamos avanzamos coas ideas e obxectivos que tiñamos ao principio. Estamos a traballar en facer un logo e folletos para conseguirmos que a maioría da xente do colexio participe subindo fotos de Coristanco. Sorprendeunos bastante as contas de Instagram adicadas exclusivamente á fotografía profesional nos seguisen e ata unha quixera publicar unha foto nosa. Eu estou administrando as fotos que nos pasan para subir, e posteriormente poñendo os hastags, xa que ao principio puxéralle duas licenzas á vez 😡.A importancia das licenzas é realmente elevada , xa que ten que ser una foto de dominio público para poder subir á Galipedia. Non ten por que ser dominio público, tamén vale CC-BY-SA, CC-BY e CC0. Subín as tres fotos de Verdes que me parecían necesarias para a Galipedia en Commons . Diseñei  un folleto con unha das fotos que saquei en Verdes que máis me gustou para que circule polo colexio e se consigan máis aportacións, que posteriormente lle engadirei o logo. Imos subi

Galipedia

Imagen
Eu e as miñas compas decidimos aportar os nosos coñecementos nun proxecto relacionado coa galipedia. Decidimos entre as tres crear un blogue no cal poidamos explicar como subir contido tanto de forma textual como visual. Deixovos aquí a páxina . Eu decidín facer unha conta paralela de instagram  . Aquí, actualmente están subidas diversas fotos do concello de Coristanco, coa intención de darlle máis visualización  a estas paisaxes. En tan só cinco horas conseguín corenta seguidores e ata dúas persoas colaboraron poñendose en contacto conmigo para dar a subir fotos das súas parroquias. Foi moi satisfactorio a boa aceptación que tivo este traballo. Puxen no sitio web da conta un enlace destinado ao blogue común. A idea secundaria é conseguir que estas fotos estén subidas ao commons e posteriormente estean ao alcance de todo o mundo na Galipedia, pero estou a traballar ese factor. Pareceme unha idea moi interesante e  que en tan pouco tempo xa houbese xente disposta a participar a verdade