Continuación do proxecto

No trimestre que levamos avanzamos coas ideas e obxectivos que tiñamos ao principio. Estamos a traballar en facer un logo e folletos para conseguirmos que a maioría da xente do colexio participe subindo fotos de Coristanco. Sorprendeunos bastante as contas de Instagram adicadas exclusivamente á fotografía profesional nos seguisen e ata unha quixera publicar unha foto nosa. Eu estou administrando as fotos que nos pasan para subir, e posteriormente poñendo os hastags, xa que ao principio puxéralle duas licenzas á vez 😡.A importancia das licenzas é realmente elevada , xa que ten que ser una foto de dominio público para poder subir á Galipedia. Non ten por que ser dominio público, tamén vale CC-BY-SA, CC-BY e CC0. Subín as tres fotos de Verdes que me parecían necesarias para a Galipedia en Commons . Diseñei  un folleto con unha das fotos que saquei en Verdes que máis me gustou para que circule polo colexio e se consigan máis aportacións, que posteriormente lle engadirei o logo. Imos subir posteriormente ao blogue que temos en común, un vídeo explicando algúns conceptos da Galipedia, como subir unha foto das que sacamos nós. Anímovos a que vexades as fotos da conta de instagram, porque realmente alguna é espectacular.

Comentarios

  1. Non ten por que ser dominio público, tamén vale CC-BY-SA, CC-BY e CC0.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Síntese do proxecto

Como subir imaxes a Commons