Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Seguimos co proxecto!

Imagen
Como o principal eido do proxecto era saber usar a Galipedia e enchela de artigos e información de Coristanco, eu , para iniciarme en poñer máis contido editei a páxina de "Agualada" poñendo un pequeno párrafo sobre a toponimia. Esta información encontreina no libro " Coristanco: As súas parroquias ". Ao ser pouca información e dunha fonte fiable como o é un libro foime bastante doado e animo a todo o mundo a probar. Aquí vos deixo unha captura do traballo realizado de iniciación Como xa falaramos anteriormente , estamos a colaborar con outro proxecto que consiste en facer un tríptico sobre coristanco. Para iso moitas das nosas fotos da conta de Instagram  , estarán nese tríptico. Deíxovos dúas que nos pasaron (colaborando con @galicoris) do Castro de Oca , que presenta dúas estructuras circulares no exterior, e  o Hórreo de Casa Caamaño en Cereo Vello (Cereo). Tamén estamos moi contentas porque onte unha compañeira publicou un artigo explicando o que

Como subir imaxes a Commons

Imagen
O obxectivo deste proxecto é conseguir que haxa fotos na Galipedia dos lugares de Coristanco que non teñen, e para iso temos que empregar Commons. Nesta ligazón deixovos a páxina donde se accede directamente para subir as fotos. Vou facer un exemplo de cómo se subiría unha imaxe das que saquei para a conta de Instagram  dun horreo moi importante en Cereo Vello (Cereo). Esta fotografía ademáis de aparecer na conta ,tamén está a formar parte do proxecto dunhas compas para realizaren un triptico de Coristanco.   PD: as imaxes pódense ampliar  Entramos na ligazón que deixei anteriormente para acceder a Commons  e na esquina superior dereita creamos unha conta ou entramos na nosa se xa dispoñemos dunha. Como podemos observar é bastante sinxelo crear unha conta, posto que case non pide datos para facela.  Se xa estamos na nosa conta, encontrámonos na portada donde aparecen elementos como a imaxe do día ou o ficheiro multimedia do día. Como os queremos subir unha foto t