Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

Síntese do proxecto

Imagen
Boas, este será o último artigo! Para rematar co noso proxecto, xa conseguimos ter un logotipo creado pola miña compañeira Paula. Posteriormente tamén o presentaremos na nosa conta de Instagram . As miñas compas e máis eu tamén participamos nun proxecto pedagóxico do CPI Alcalde Xosé Pichel . Se ides á enlace ides ver unha páxina na Wikipedia na que podedes consultar ,entre outras cousas, os obxectivos, a metodoloxía ou os participantes.O noso proxecto está distribuído en varias categorías: a conta de Instagram, o blog conxunto, os artigos da Galipedia que modificamos e as fotos que sacamos . Conta de Instagram : creamos esta conta para subir as fotos que sacamos de paisaxes de Coristanco ou as fotos que nos enviaron para colaborar co noso proxecto e a respetiva licenza de CC-BY-SA ou de dominio público. Recalco esto último xa que é moi importante que teñan esta licenza para poder subilas a Commons. Vouvos deixar aquí a foto que nos enviaron dun hórreo de Cereo Vello, posto q

Case na final !

Imagen
Pois ben, nestos días recibín unhas fotos para o Instagram  das Torres de Nogueira, que é unha parte do antigo pazo construído pola familia Bermúdez de Castro no século XV en San Mamede de Seavia, actualmente está declarada Ben de Interese Cultural, e é unha das mostras máis representativas da arquitectura civil medieval da comarca de Bergantiños. Esta foto posteriormente subirémola a commons e pasaremoslla as nosas compas que están a realizar un tríptico de Coristanco. Aquí vos deixo algunhas fotos que nos pasaron: Tamén proseguín editando artigos na Galipedia: na páxina de Valenza o apartado "Toponimia" e na páxina de Couso  o apartado da "demografía". Para publicar esta información busqueina no libro de "Coristanco: As súas parroquias", polo cal é bastante doado editar e como xa dixen anteriormente animo a todo o mundo a facelo. Creo é moi importante contribuír editando para que haxa máis información e por tanto se poida beneficiar mái