Case na final !

Pois ben, nestos días recibín unhas fotos para o Instagram das Torres de Nogueira, que é unha parte do antigo pazo construído pola familia Bermúdez de Castro no século XV en San Mamede de Seavia, actualmente está declarada Ben de Interese Cultural, e é unha das mostras máis representativas da arquitectura civil medieval da comarca de Bergantiños. Esta foto posteriormente subirémola a commons e pasaremoslla as nosas compas que están a realizar un tríptico de Coristanco. Aquí vos deixo algunhas fotos que nos pasaron:




Tamén proseguín editando artigos na Galipedia: na páxina de Valenza o apartado "Toponimia" e na páxina de Couso  o apartado da "demografía". Para publicar esta información busqueina no libro de "Coristanco: As súas parroquias", polo cal é bastante doado editar e como xa dixen anteriormente animo a todo o mundo a facelo. Creo é moi importante contribuír editando para que haxa máis información e por tanto se poida beneficiar máis xente.
 
Ademáis fixen a miña páxina persoal de Galipedia poñendo unha síntese explicando o que faciamos as miñas compas e eu na Galipedia. Para realizala tiven que mirar na páxina persoal de Patricia, que forma parte do meu grupo e é quen máis coñecementos da Galipedia ten.  Se vos animades a participar é moi importante que teñades información na vosa páxina personal para que así se sepa quen sodes ,a vosa intención na galipedia, para poder comunicarnos con vos, etc...

Para finalizar  estiven a realizar foi un titorial explicando como descargar as imaxes de instagram, xa que anteriormente explicara como subir as imaxes a commons. Como a intención é subir as fotos que nos envían á conta de Instagram  a Commons era necesario explicar como descargalas para posteriormente subilas á Galipedia. Volvovos a repetir a importancia que ten de que as fotos teñen que ser de dominio público ou ter a licenza CC-BY-SA para poder subilas á Galipedia.

Comentarios

  1. Está ben, pero a túa páxina da galipedia debera levar ligazóns a "Coristanco", "galicoris" e a algúnha páxina do proxecto. Por exemplo, a esa que ía facer de portada e que creo que non me fixéchedes caso ningún e non a fixéchedes. Deberas tamén poñer no teu artigo de como descargar as imaxes de Instagram unha ligazón ao blog de onde sacas a información, para atribuír a autoría. Revisa os acentos das esdrúxulas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Síntese do proxecto

Como subir imaxes a Commons