Entradas

Síntese do proxecto

Imagen
Boas, este será o último artigo! Para rematar co noso proxecto, xa conseguimos ter un logotipo creado pola miña compañeira Paula. Posteriormente tamén o presentaremos na nosa conta de Instagram . As miñas compas e máis eu tamén participamos nun proxecto pedagóxico do CPI Alcalde Xosé Pichel . Se ides á enlace ides ver unha páxina na Wikipedia na que podedes consultar ,entre outras cousas, os obxectivos, a metodoloxía ou os participantes.O noso proxecto está distribuído en varias categorías: a conta de Instagram, o blog conxunto, os artigos da Galipedia que modificamos e as fotos que sacamos . Conta de Instagram : creamos esta conta para subir as fotos que sacamos de paisaxes de Coristanco ou as fotos que nos enviaron para colaborar co noso proxecto e a respetiva licenza de CC-BY-SA ou de dominio público. Recalco esto último xa que é moi importante que teñan esta licenza para poder subilas a Commons. Vouvos deixar aquí a foto que nos enviaron dun hórreo de Cereo Vello, posto q

Case na final !

Imagen
Pois ben, nestos días recibín unhas fotos para o Instagram  das Torres de Nogueira, que é unha parte do antigo pazo construído pola familia Bermúdez de Castro no século XV en San Mamede de Seavia, actualmente está declarada Ben de Interese Cultural, e é unha das mostras máis representativas da arquitectura civil medieval da comarca de Bergantiños. Esta foto posteriormente subirémola a commons e pasaremoslla as nosas compas que están a realizar un tríptico de Coristanco. Aquí vos deixo algunhas fotos que nos pasaron: Tamén proseguín editando artigos na Galipedia: na páxina de Valenza o apartado "Toponimia" e na páxina de Couso  o apartado da "demografía". Para publicar esta información busqueina no libro de "Coristanco: As súas parroquias", polo cal é bastante doado editar e como xa dixen anteriormente animo a todo o mundo a facelo. Creo é moi importante contribuír editando para que haxa máis información e por tanto se poida beneficiar mái

Seguimos co proxecto!

Imagen
Como o principal eido do proxecto era saber usar a Galipedia e enchela de artigos e información de Coristanco, eu , para iniciarme en poñer máis contido editei a páxina de "Agualada" poñendo un pequeno párrafo sobre a toponimia. Esta información encontreina no libro " Coristanco: As súas parroquias ". Ao ser pouca información e dunha fonte fiable como o é un libro foime bastante doado e animo a todo o mundo a probar. Aquí vos deixo unha captura do traballo realizado de iniciación Como xa falaramos anteriormente , estamos a colaborar con outro proxecto que consiste en facer un tríptico sobre coristanco. Para iso moitas das nosas fotos da conta de Instagram  , estarán nese tríptico. Deíxovos dúas que nos pasaron (colaborando con @galicoris) do Castro de Oca , que presenta dúas estructuras circulares no exterior, e  o Hórreo de Casa Caamaño en Cereo Vello (Cereo). Tamén estamos moi contentas porque onte unha compañeira publicou un artigo explicando o que

Como subir imaxes a Commons

Imagen
O obxectivo deste proxecto é conseguir que haxa fotos na Galipedia dos lugares de Coristanco que non teñen, e para iso temos que empregar Commons. Nesta ligazón deixovos a páxina donde se accede directamente para subir as fotos. Vou facer un exemplo de cómo se subiría unha imaxe das que saquei para a conta de Instagram  dun horreo moi importante en Cereo Vello (Cereo). Esta fotografía ademáis de aparecer na conta ,tamén está a formar parte do proxecto dunhas compas para realizaren un triptico de Coristanco.   PD: as imaxes pódense ampliar  Entramos na ligazón que deixei anteriormente para acceder a Commons  e na esquina superior dereita creamos unha conta ou entramos na nosa se xa dispoñemos dunha. Como podemos observar é bastante sinxelo crear unha conta, posto que case non pide datos para facela.  Se xa estamos na nosa conta, encontrámonos na portada donde aparecen elementos como a imaxe do día ou o ficheiro multimedia do día. Como os queremos subir unha foto t

Continuación do proxecto

Imagen
No trimestre que levamos avanzamos coas ideas e obxectivos que tiñamos ao principio. Estamos a traballar en facer un logo e folletos para conseguirmos que a maioría da xente do colexio participe subindo fotos de Coristanco. Sorprendeunos bastante as contas de Instagram adicadas exclusivamente á fotografía profesional nos seguisen e ata unha quixera publicar unha foto nosa. Eu estou administrando as fotos que nos pasan para subir, e posteriormente poñendo os hastags, xa que ao principio puxéralle duas licenzas á vez 😡.A importancia das licenzas é realmente elevada , xa que ten que ser una foto de dominio público para poder subir á Galipedia. Non ten por que ser dominio público, tamén vale CC-BY-SA, CC-BY e CC0. Subín as tres fotos de Verdes que me parecían necesarias para a Galipedia en Commons . Diseñei  un folleto con unha das fotos que saquei en Verdes que máis me gustou para que circule polo colexio e se consigan máis aportacións, que posteriormente lle engadirei o logo. Imos subi

Galipedia

Imagen
Eu e as miñas compas decidimos aportar os nosos coñecementos nun proxecto relacionado coa galipedia. Decidimos entre as tres crear un blogue no cal poidamos explicar como subir contido tanto de forma textual como visual. Deixovos aquí a páxina . Eu decidín facer unha conta paralela de instagram  . Aquí, actualmente están subidas diversas fotos do concello de Coristanco, coa intención de darlle máis visualización  a estas paisaxes. En tan só cinco horas conseguín corenta seguidores e ata dúas persoas colaboraron poñendose en contacto conmigo para dar a subir fotos das súas parroquias. Foi moi satisfactorio a boa aceptación que tivo este traballo. Puxen no sitio web da conta un enlace destinado ao blogue común. A idea secundaria é conseguir que estas fotos estén subidas ao commons e posteriormente estean ao alcance de todo o mundo na Galipedia, pero estou a traballar ese factor. Pareceme unha idea moi interesante e  que en tan pouco tempo xa houbese xente disposta a participar a verdade

Un elemento diferente!

Imagen
Boas! Para a miña páxina (que estou comezando a facer para practicar)   decidín poñer un enlace que levara a outra que se chama FÁLAME para que se poida introducir un correo e posteriormente ao pulsar en subscribe , apareza debaixo da barra para introducir o correo a mensaxe :" Recibirás noticias ".Este proceso useino mediante un apartado da páxina W3Schools .  En concreto para facer isto inspireime nun exemplo deste apartado da páxina mencionada AQUÍ  .Así era o exemplo do principio:  Eu deriveino neste código na páxina de fálame a que se pode acceder desde a páxina principal mediante un link:   En styles.css elexínlle elementos como  a cor verde ou o tipò de letra, como se pode observar:      Paréceme que é un bo elemento se fose una páxina real , xa que se podería subscribir e recibir noticias. Espero que vos guste!