Galipedia

Eu e as miñas compas decidimos aportar os nosos coñecementos nun proxecto relacionado coa galipedia. Decidimos entre as tres crear un blogue no cal poidamos explicar como subir contido tanto de forma textual como visual. Deixovos aquí a páxina. Eu decidín facer unha conta paralela de instagram . Aquí, actualmente están subidas diversas fotos do concello de Coristanco, coa intención de darlle máis visualización  a estas paisaxes. En tan só cinco horas conseguín corenta seguidores e ata dúas persoas colaboraron poñendose en contacto conmigo para dar a subir fotos das súas parroquias. Foi moi satisfactorio a boa aceptación que tivo este traballo. Puxen no sitio web da conta un enlace destinado ao blogue común. A idea secundaria é conseguir que estas fotos estén subidas ao commons e posteriormente estean ao alcance de todo o mundo na Galipedia, pero estou a traballar ese factor. Pareceme unha idea moi interesante e  que en tan pouco tempo xa houbese xente disposta a participar a verdade e que satisface un montón. Esta parte de levar a conta esta sendo moi divertido, porque xa recibín unha mensaxe dunha conta dedicada á fotografía que quería usar unha foto miña. Tamén está sendo moi interesante sacar as fotos, pero o de subilas a galipedia paréceme un pouco moi complicado porque aínda non subín ninguna nunca (lóxicamente mirarei nos nosos maravillosos titoriais)  En realidade, falando por min e as compañeiras estamos moi contentas de facer esto e non é só un simple traballo. Estamos pensando en realizar tamén trípticos ou folletos utilizando os coñecementos que temos do gimp, pero para un pouco máis adiante. E por suposto xa subin a primeira historia a instagram que tivo 50 visualizacións, TODO UN ÉXITO! Tamén decidimos complemetar artigos sobre artistas galegos, como os máis grandes, Heredeiros da Crus .
Deixovos algunas fotos, espero que vos guste!


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Síntese do proxecto

Como subir imaxes a Commons