Síntese do proxecto

Boas, este será o último artigo! Para rematar co noso proxecto, xa conseguimos ter un logotipo creado pola miña compañeira Paula. Posteriormente tamén o presentaremos na nosa conta de Instagram .
As miñas compas e máis eu tamén participamos nun proxecto pedagóxico do CPI Alcalde Xosé Pichel. Se ides á enlace ides ver unha páxina na Wikipedia na que podedes consultar ,entre outras cousas, os obxectivos, a metodoloxía ou os participantes.O noso proxecto está distribuído en varias categorías: a conta de Instagram, o blog conxunto, os artigos da Galipedia que modificamos e as fotos que sacamos.
  • Conta de Instagram: creamos esta conta para subir as fotos que sacamos de paisaxes de Coristanco ou as fotos que nos enviaron para colaborar co noso proxecto e a respetiva licenza de CC-BY-SA ou de dominio público. Recalco esto último xa que é moi importante que teñan esta licenza para poder subilas a Commons. Vouvos deixar aquí a foto que nos enviaron dun hórreo de Cereo Vello, posto que esta foto tamén formou parte do proxecto doutras compas de realizaren un tríptico de Coristanco. Tamén presentamos algúns traballos como o folleto para repartir ou explicar termos como a "placa altimétrica"coa respectiva foto desta de Coristanco. Creo que apostar por esta rede social dounos máis visibilidade ao proxecto e fixo que fose moito máis entretido e enriquecedor.

  • Blog conxunto: neste espazo escribimos artigos as tres compoñentes do grupo. Eu realicei unha entrada tratando como podemos descargar imaxes de Instagram , xa que ao ser eu a que sube as fotos e manexa a conta de , pensamos que era a máis indicada. É moi importante este artigo para podermos subir as fotos de Instagram a Commons, posto que é unha das intencións polas que creamos a conta. Tamén escribín un artigo falando de grupos galegos actuais porque era un eixo a tratar no noso proxecto. Volvendo á temática referente á informática fixen outro artigo explicando como subir imaxes a commons  , porque como xa vos dixen antes as fotos de Instagram son coa intención de posteriormente subilo a commons.Creo que esta é una parte realmente importante no noso traballo, xa que algúns titoriais poden axudar a xente para empregar mellor a Galipedia e incluso a animarse editando primeiro un pouco e despois máis, porque é moi fácil!!!

  • Artigos da Galipedia:  Neste ámbito eu era a que máis descoñecía, xa que nunca subira artigos nin fotos á Galipedia, sempre que a utilicei foi para consultar algunha dúbida. Cando me iniciei subindo fotos a Commons, decateime de que era máis fácil do que eu imaxinaba, posto que se segues os pasos é realmente doado. Para empezar a editar artigos engadín ao artigo de Valenza, o apartado de Toponimia e no artigo de Couso  o apartado de demografía. Foime realmente doado porque para saber como editar pregunteille a miña compañeira patricia. Para completar os artigos usei o libro "Coristanco: As súas parroquias", que xa mencionei anteriormente.Ao ser tan fácil, animo a todo o mundo a editar artigos, xa que así conseguiremos máis información e sairemos todos gañando. Xa sabedes que facer cando teñades tempo libre! Se vos animades a empezar a modificar artigos da Galipedia lembrade que tedes que facer unha páxina personal, xa que é moi importante tela polo feito de que o resto dos usuarios podamos saber cal é a túa intención ou simplemente podamos contactar contigo.     Agradezolle as miñas compañeiras por enseñarme os seus coñecementos e ter tanta paciencia conmigo, creo que se tivese que calificar o que máis me enseñou facer este traballo, sería aprender a traballar en conxunto, xa que aprendemos as tres moitas cousas e despois poñiamolas en común.

  • Fotos : esta é a parte que máis me gustou realizar, porque me gusta bastante a fotografía e a verdade e que algunha foto que saquei ou que me pasaron sorprendéronme  porque non  sabía que había paisaxes tan bonitas en Coristanco. Estou moi contenta polo apoio que nos deron na conta de Instagram, xa que nalgunha foto chegamos a ter 135 mg. Tamén quero agradecer a todas aquelas persoas que nos mandaron fotos para contribuír co noso traballo, e tamén hai que decilo, algunhas son moi boas, invítovos a que vos pasedes pola conta de Instagram. Deixovos aquí unhas poucas:





Creo que a mellor maneira de acabar este artigo, posto que un traballo que realicei foi falar dos artistas actuáis galegos, é poñer unha canción que me gusta moito na nosa lingua. Deixovos aquí o vídeo. Espero que o noso traballo vos servira para algo, tanto os titoriais como os artigos. Moitas grazas e ata sempre!
 

Comentarios

  1. Vale Patricia, boa síntese.
    Aínda que non me fixéchedes moito caso nalgunhas cousas e o proxecto quedou un pouco deslavazado e falto de profundidade técnica, creo que o voso foi un bon traballo. Coordináchedevos ben e creo que vos lanzáchedes a probar cousas que non sabiades facer e espero que teñades aprendido con este proxecto. Redactas moi ben, aínda que non fose con este, deberas lanzarte a levar o teu blog ou seguir a documentar na wikipedia, sería unha experiencia para ti e unha carta de presentación para calquera cousa que queiras facer no teu futuro.
    En fin... parabéns!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Como subir imaxes a Commons

Continuación do proxecto