Seguimos co proxecto!

Como o principal eido do proxecto era saber usar a Galipedia e enchela de artigos e información de Coristanco, eu , para iniciarme en poñer máis contido editei a páxina de "Agualada" poñendo un pequeno párrafo sobre a toponimia. Esta información encontreina no libro "Coristanco: As súas parroquias". Ao ser pouca información e dunha fonte fiable como o é un libro foime bastante doado e animo a todo o mundo a probar. Aquí vos deixo unha captura do traballo realizado de iniciación


Como xa falaramos anteriormente , estamos a colaborar con outro proxecto que consiste en facer un tríptico sobre coristanco. Para iso moitas das nosas fotos da conta de Instagram , estarán nese tríptico. Deíxovos dúas que nos pasaron (colaborando con @galicoris) do Castro de Oca, que presenta dúas estructuras circulares no exterior, e  o Hórreo de Casa Caamaño en Cereo Vello (Cereo).

Tamén estamos moi contentas porque onte unha compañeira publicou un artigo explicando o que era unha placa altimétrica e se alguén se animaba a pasar polo concello de Coristanco e sacarlle unha foto. Pois ben aquí está , moitas grazas por esta aportación !

Actualmente estamos a traballar para mellorar a páxina web das tres compoñentes do proxecto para que estea máis sintetizada a información do traballo que realizamos , clasificandoo en partes como os titoriais da Galipedia, a parte de Instagram e as contas individuais.

Como acordáramos no principio deste traballo aparte dos contidos sobre a Galipedia tamén íamos dar a coñecer a cultura galega e os grupos musicais da nosa terra do momento actual, nesta semana publiquei no blogue conxunto unha información sintetizada duns grupos galegos musicais que a min me gustan como Ezetaerre. Tamén seleccionei o grupo de De Vacas porque non coñecía ningún grupo até ahora que fixera versión tan boas de cancións coñecidas ao galego e pareceume interesante o seu traballo.

Comentarios

  1. Antes de nada... placa ALTIMÉTRICA!! (>_<)
    Cres que é o mellor poñer unha captura de pantalla para dicir que fixeches un artigo na wikipedia?
    Podías ligar ao blogue conxunto para ver ese artigo que puxeches sen ter que voltar atrás.
    Polo demais, está ben explicado e o traballo é suficiente.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Síntese do proxecto

Como subir imaxes a Commons